Noticias

A coral de Bergantiños organiza un concerto na honra de Santa Cecilia. (15-11-2007)
Como cada ano, ininterrumpidamente dende a súa fundación, a Coral de Bergantiños organiza un concerto o próximo 24 , con motivo da festa da Patrona.

O Acto terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, e nel participarán a Coral Ecos de Chamorro de Serantes (Ferrol), o Coro de Oleiros e a Coral de Bergantiños. Dentro da actuación da coral de Bergantiños terá presenza o seu Coro Xuvenil interpretando algunha das pezas do recital.
O concerto dará comezo ás 21:00 h., e a entrada será gratuíta.

# Enlace permanente a esta nova