Noticias

A Coral de Bergantiños rematará o ano cun intenso ciclo de actuacións. (21-11-2008)
Unha actuación cada fin de semana ata rematar o ano 2008.

A coral levará a cabo actuacións cada fin de semana, dende o 15 de novembro ata finais de ano, acompañada polo Coro de Voces Brancas en varias delas .
Tras o festival de corais de Carballo, cantarase a Misa na honra de Santa Cecilia, Patrona da música, con toda a solemnidade. Será o día 22 na igrexa de San Xoán Bautista.
O día 29 de novembro celebrarase o tradicional concerto na honra de Santa Cecilia coa participación das corais Santa María de Cambre, Agarimo de Sillobre (Fene)e coral de Bergantiños (coas seccións de Voces Brancas e de adultos).
O día 7 de decembro participará no Festival de Vilancicos organizado por Caixanova no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
O día 13 de decembro, convidados pola Coral Lembranzas de Santa Cruz, a coral carballesa actuará nun festival navideño en Oleiros.
O día 19 de decembro participará, xunto a todos os grupos musicais do concello de Carballo, no Pregón de Nadal organizado pola Parroquia de San Xoán Bautista.
O día 20 de decembro participará xunto as corais de Pontedeume e Xan Mella de Baio nun concerto de nadal, nesta vila coruñesa.
O día 27 de decembro, en colaboración coa asociación de Pais Católicos e a Parroquia de San Xoaán Bautista, participará na celebración das vodas de ouro e prata das parellas carballesas que cumpliros os 50 e 25 anos de casados no 2008.
Ese mesmo día 27 a Coral de Bergantiños celebrará a súa tradicional cea de nadal para brindar por unhas Felices Festas e un mellor Ano Novo.

# Enlace permanente a esta nova