Noticias

A Coral de Bergantiños celebra un "día de convivencia" (16-09-2006)
Membros da Coral e os seus achegados celebran un "día de portas abertas"

Como cada ano, normalmente en setembro, os membros da Coral de Bergantiños e os seus achegados directos, celebran un día de convivencia no que o único fin é estreitar lazos e divertirse.
Inicíase cunha comida no campo, que os propios coralistas preparan, seguida dunha gran variedade de postres, tamén elaborados polos membros femininos da entidade e continúa con xogos populares, cancións de estilos variados e inclúso música de gaita e acordeón.

Se a temperatura acompaña, o "Día de convivencia" acostuma rematar ben entrada a noite.

# Enlace permanente a esta nova