Noticias

Intenso ciclo de actuacións ata o remate do 2009. (15-11-2009)
Durante cada unha das fins de semana dos meses de novembro e decembro a Coral de Bergantiños participará en concertos en distintas localidades galegas

Dende comezos de novembro ata o remate de decembro a coral de Bergantiños participará en concertos de música coral espallados por toda Galicia.
En varias destas actuacións a coral "senior" estará acompañada do seu Coro de Voces Brancas como son o Festival de Vilancicos de Caixanova, concerto de nadal en Malpica ou o concerto de Santa Cecilia en Carballo organizado pola propia Coral de Bergantiños coa colaboración do Concello de Carballo e da Deputación da Coruña.
Nesta anualidade o concerto coral organizado na honra de Santa Cecilia, patrona da música, celebrarase no Pazo da Cultura o día 28 de novembro, ás 21:00 horas.
A coral anfitriona estará acompañada polas corais Xan Mella de Baio e Coral Padronesa de Padrón.

# Enlace permanente a esta nova