Noticias

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS (29-09-2010)

Unha vez pasado o período vacacional, retomamos o curso con renovadas forzas para afrontar un trimestre cargado de actuacións, destancando entre as mesmas o Festival de Santa Icía que vai pola súa 41 edición. A nosa primeira actuación deste inicio de curso será o concerto que o próximo día 2 de outubro celebraremos no Pazo da Cultura de Carballo, con motivo do 25 aniversario do Coro Aires de Bergantiños, aos que agradecemos a súa invitación para compartir con eles este importante evento.

Seguimos co programa de actuacións:

OUTUBRO:
· día 12: festividade de Nosa Señora do Pilar (misa en Carballo)
· día 23: V Certame en Clave Coral, concerto na concatedral de San Xiao (Ferrol)

NOVEMBRO:
· día 13: concerto en Pontedeume
· día 20: concerto en Carballo (Festival Corais) organizado polo Concello de Carballo
· día 22 e 27: misa e concerto con motivo da Festividade da nosa patrona Santa Icía.

DECEMBRO:
· día 11: concerto na vila de Melide
· día 17: misa de Pregón de Nadal en Carballo, igrexa parroquial.
· día 18: concerto en Mugardos
· día 26: misa na parroquia de Carballo, celebración das vodas OURO-PRATA de matrimonios que celebran as mesmas.

Novamente facemos un chamamento a todas as persoas que teñan inquedanzas musicais e queiran participar no Canto Coral, que se acheguen ao local social ou ben contacten con nós por medio dos teléfonos 618 343 946 e 609 380 445, correo-e info@coraldebergantinos.com ou con calquera dos coralistas; para poder formar parte da Coral non son precisos coñecementos musicais, soamente bo oído, ganas de cantar e de formar parte dunha asociación onde reina un bo ambiente de amizade.

# Enlace permanente a esta nova