Noticias

ENTREGA DE PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” (25-10-2012)


O pasado día 20 de outubro CINCO compoñentes da Coral de Bergantiños, (Nieves García, María Cabeza, Edelmira Mancebo, Celia Lorenzo e Amelia Miñones) recibiron a INSIGNIA de prata “Marcial del Adalid” como premio á constancia musical.

Recibiron a distinción de mans da presidenta da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (A Coruña), nun acto celebrado no recio salón de plenos da dita Academia, e en compañía dunha vintena de coralistas ademais da súa directora Gloria Pardines.

O musicólogo D.José López Calo fixo unha breve incursión na historia da Coral, lendo o eloxio do premio.

Na actualidade VINTE coralistas da Coral de Bergantiños xa foron distinguidos co citado premio, o que supón que un 45% dos compoñentes que na actualidade conforman a coral mereceron tal distinción.

# Enlace permanente a esta nova