Dous coralistas reciben a Insignia Marcial del Adalid (19-10-2013) Nun acto solemne celebrado na Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario recibiron a distinción.  Dous membros da Coral Polifónica de Bergantiños foron distinguidos coa Insignia de Prata Marcial del Adalid como premio á constancia musical. 
Mª Dolores Rodríguez Fraga e José Fraga Suárez recibiron de mans do eminente musicólogo D. José López Calo o diploma e a medalla que recoñece os máis de 15 anos de dedicación e pertenza a esta Coral carballesa na que actualmente 22 dos seus compoñentes en activo foron distinguidos. 
Como remate do solemne acto de entrega a Coral Santa María de Cambre (cuxa directora tamén foi galardoada) e a Coral de Bergantiños interpretaron unha peza en conxunto.    
  |