Noticias

XIV Encontro de Música Relixiosa (11-04-2014)

O día 12 de abril de 2014, celebraremos o "XIV Encontro de Música Relixiosa" ás 20.30h na Igrexa Parroquial San Xoán Bautista de Carballo.

Participan neste encontro o Coro de la Sociedade Cultural "A Traíña" de Cariño, o Coro Infantil "Voces Brancas" da Coral Polifónica de Bergantiños e tamén a propia "Coral Polifónica de Bergantiños" que interpretarán diversas composicións de tema relixioso.

Dito encontro é organizado pola Coral Polifónica de Bergantiños, que conta coa colaboración da Igrexa Parroquial San Xoán Bautista de Carballo e da Excelentísima Deputación da Coruña.

Descargar programa >>

# Enlace permanente a esta nova
Descargar programa >>