Noticias

VII ENCONTRO DE MÚSICA RELIXIOSA (19-03-2007)
O recital terá lugar o día 31 de marzo na Igrexa parroquial de San Xoán Bautísta

Organizado pola Coral de Bergantiños, coa colaboración da parroquia de San Xoán Bautísta, o próximo 31 de marzo, ás 20:30 horas, desenvolverase o "VII Encontro de Música Relixiosa".
Nesta anualidade actuarán a Coral Brisas do Mar de Corme e a Coral de Bergantiños, interpretando cinco pezas cadansúa.
Está previsto, así mesmo, que debute o coro xuvenil recentemente creado no seo da coral de Bergantiños, aínda que polo momento o seu programa será moi reducido.

# Enlace permanente a esta nova